{"id":1996,"date":"2019-08-02T07:13:35","date_gmt":"2019-08-02T07:13:35","guid":{"rendered":"http:\/\/iberos.uvigo.es\/?p=1996\/"},"modified":"2019-12-11T10:11:26","modified_gmt":"2019-12-11T10:11:26","slug":"maiscitados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/maiscitados\/","title":{"rendered":"Investigadores do Instituto de Bioenxe\u00f1er\u00eda para o Envellecemento Saudable at\u00f3panse entre os m\u00e1is citados da Eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal"},"content":{"rendered":"<p><em>A colaboraci\u00f3n transfronteiriza na investigaci\u00f3n sobre enfermidades asociadas ao envellecemento \u00e9 un foco de talento cient\u00edfico sustentado no elevado \u00edndice h destes expertos<\/em><\/p>\n<p>O \u00edndice h \u00e9 un dos valores de reputaci\u00f3n m\u00e1is importantes para calquera cient\u00edfico. Tr\u00e1tase dun baremo que mide a cantidade de citas que reciben os artigos publicados por cada investigador e, na pr\u00e1ctica, util\u00edzase para determinar a s\u00faa calidade profesional. O Instituto de Bioenxe\u00f1er\u00eda en Rede para o Envellecemento Saudable (IBEROS) conta entre os seus membros con cient\u00edficos que destacan por ter publicado artigos en revistas de grande impacto e que acumulan citas por parte dos seus colegas.<\/p>\n<p>IBEROS, que naceu co apoio do Programa Operativo de Cooperaci\u00f3n Transfronteiriza Interreg Espa\u00f1a-Portugal 2014-2020 (POCTEP) da Uni\u00f3n Europea, conta cun orzamento de preto de 2 mill\u00f3ns de euros ata 2020 para que os seus m\u00e1is de 150 membros compartan co\u00f1ecemento e desenvolvan proxectos conxuntos.<\/p>\n<p>Os investigadores adscritos a IBEROS Isabel Pastoriza e Jorge P\u00e9rez Juste, do grupo de Qu\u00edmica Coloidal, son os dous investigadores co maior \u00edndice h da Universidade de Vigo, con cerca de 60 ambos os dous. No caso de Pastoriza, destaca por n\u00famero de citas o seu artigo sobre nanol\u00e1mpadas para modulaci\u00f3n inducida pola luz da funci\u00f3n celular, que poder\u00edan implementarse en fotomedicina con dispositivos de control inhal\u00e1mbrico ultraprecisos. P\u00e9rez Juste \u00e9 coautor dun artigo publicado en Nature Materials especialmente popular na comunidade cient\u00edfica, no que se describen m\u00e9todos de ultradetecci\u00f3n de contaminantes en alimentos baseados no mecanismo de comunicaci\u00f3n que utilizan as bacterias, denominado <em>quorum sensing<\/em>.<\/p>\n<p>Cun \u00edndice h de cerca de 50, destacan tam\u00e9n os investigadores Carmen \u00c1lvarez e \u00c1ngel Concheiro, do grupo I+D Farma da Universidade de Santiago. Tam\u00e9n no marco de IBEROS, estes investigadores acumulan citas sobre os seus artigos arredor da medicina rexenerativa e a terapia localizada. No caso de \u00c1lvarez, o seu artigo publicado na revista Biomaterials conta con cerca de 200 citas. Nel descr\u00edbese a colaboraci\u00f3n con investigadores xaponeses que logrou demostrar <em>in vivo<\/em> por primeira vez que \u00e9 posible dese\u00f1ar lentes de contacto capaces de incorporar f\u00e1rmacos e liberalos de forma sostida na superficie ocular. De Concheiro destaca o artigo en colaboraci\u00f3n con investigadores rusos que describe o dese\u00f1o de hidroxeles sensibles a temperatura e pH para o seu uso na administraci\u00f3n de medicamentos de xeito controlado.<\/p>\n<p><strong>Grande impacto dos membros de Portugal<\/strong><\/p>\n<p>A n\u00f3mina portuguesa de investigadores de IBEROS est\u00e1 liderada por Rui L. Reis, director do grupo de investigaci\u00f3n 3B\u2019s da Universidade do Minho, no que se refire ao \u00edndice h, que no seu caso alcanza o 86. De entre os mais de 1000 artigos publicados, o m\u00e1is citado describe unha nova estratexia de rexeneraci\u00f3n da rexi\u00f3n mitocondrial, situada nas articulaci\u00f3ns e moi dif\u00edcil de rexenerar. A s\u00faa proposta, baseada nun composto formado pola hidroxiapatita (material cer\u00e1mico) e o quitosano (pol\u00edmero de orixe mari\u00f1a) sup\u00f3n un cambio de paradigma no tratamento das lesi\u00f3ns nesa rexi\u00f3n articular, como acreditan os centos de citas que xa recibiu o artigo.<\/p>\n<p>O investigador principal do Instituto de Engenharia Biom\u00e9dica\/Instituto de Investiga\u00e7\u00e3o e Inova\u00e7\u00e3o em Sa\u00fade (INEB\/i3S) da Universidade de Porto, Bruno Sarmento, ten publicado m\u00e1is de 300 artigos en revistas cient\u00edficas de primeiro nivel, cun \u00edndice h de 43. Entre os seus artigos m\u00e1is referenciados por outros colegas at\u00f3pase, con m\u00e1is de mil citas, o que describe un m\u00e9todo de mellora da tecnolox\u00eda de dispersi\u00f3ns s\u00f3lidas como estratexia para mellorar a velocidade de disoluci\u00f3n de f\u00e1rmacos pouco solubles en auga, un problema que afecta ao 40% dos principios activos en v\u00edas de desenvolvemento e que compromete a s\u00faa eficacia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A colaboraci\u00f3n transfronteiriza na investigaci\u00f3n sobre enfermidades asociadas ao envellecemento \u00e9 un foco de talento cient\u00edfico sustentado no elevado \u00edndice h&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1999,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[16],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1996"}],"collection":[{"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1996"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1996\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1998,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1996\/revisions\/1998"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1999"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1996"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1996"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/iberos.uvigo.es\/pt-pt\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1996"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}